16 124 818 książek w 175 językach
Jednak się nie przyda? Nic nie szkodzi! U nas możesz zwrócić towar do 30 dni
Bon prezentowy to zawsze dobry pomysł. Obdarowany może za bon prezentowy wybrać cokolwiek z naszej oferty.
30 dni na zwrot towaru
Henrique Rabuńal que une na súa biografía a condición de autor e investigador teatral realiza neste volume unha viaxe polos episodios máis sobresalientes do teatro galego contemporáneo deténdose nalgunhas das súas figuras emblemáticas: Lugrís Freire, Álvaro Cunqueiro, Jenaro Marinhas, Manuel María, Manuel Lourenzo, Francisco Pillado, Vidal Bolańo ou Xesús Pisón. O libro propón olladas panorámicas do teatro galego no seu conxunto, dese teatro no exilio e no seu tránsito desde as compańías independentes até as primeiras profesionais ou unha reflexión sobre a publicación, a temática urbana ou amorosa. Pero tamén nos ofrece achegas en detalle á editorial Lar, ás pezas de Xosé Lois García ou Inma António e ao complexo universo hamletiano. Henrique Rabuńal descifra o vigoroso mapa dun teatro no que conflúen en clave galega os devezos e as tensións do ser humano actual e complementa así outros traballos seus consagrados a Feixó de Araúxo, Galo Salinas, Rafael Dieste, Blanco Amor ou Carvalho Calero.