16 126 809 książek w 175 językach
Jednak się nie przyda? Nic nie szkodzi! U nas możesz zwrócić towar do 30 dni
Bon prezentowy to zawsze dobry pomysł. Obdarowany może za bon prezentowy wybrać cokolwiek z naszej oferty.
30 dni na zwrot towaru
Flor é a máis vella de nós os sete. Ten sete anos. Por iso, e porque é moi valente, podemos ir con ela á escola. Non lle ten medo á escuridade nin aos espíritos, que din que aparecen ás seis da mañá. Creo que tamén quere ir á clase porque lle gusta pór os zapatos e a roupa de ir á escola... “Letras nos cordóns” é un álbum entrañable e doce que, a modo de diario, evoca a nenez, a escola e o contacto inicial cos libros, a porta ao saber, o pasaporte a outros mundos imaxinarios: “Flor xa sabe ler, di que as letras, que para min son uns debuxos moi difíciles de entender e de xuntar, son contadoras de cousas e que cando aprendes a ler é como se che contasen contos”