16 124 785 książek w 175 językach
Jednak się nie przyda? Nic nie szkodzi! U nas możesz zwrócić towar do 30 dni
Bon prezentowy to zawsze dobry pomysł. Obdarowany może za bon prezentowy wybrać cokolwiek z naszej oferty.
30 dni na zwrot towaru
Ata a aparición desta Poesía completa, Valentín Paz-Andrade(1898-1987) era o autor de tres poemarios e mais dun pequeno monllo de composicións. Daquela, a idea que prevaleceu ata hoxe é que a escrita poética era para Paz-Andrade un acto de evasión ou divertimento dunha persoa laboriosa e inqueda ocupada noutros labores ou vocaciónsfecundas, como a da avogacía e a dos negocios.Coa aparición desta edición da súa Poesía completa, que fai públicaunha abundante e desco?ecida obra poética inédita, a figura literariade Valentín Paz-Andrade cobra unha nova dimensión. Inclúense nestevolume, preparado por Gregorio Ferreiro Fente, ademais da totalidadedos textos xa co?ecidos, unha copiosísima obra inédita que o autor foi construíndo, con empe?o e inspiración, durante case corenta anosininterrompidos de labor poético. Entre esta obra destacan, pola súatranscendencia dentro do sistema literario galego, varios poemarioscompletos que escribiu durante os anos da Guerra Civil espa?ola.